O pleno da Mancomunidade dos concellos de Ferrolterra aprobó dous convenios con Asfedro e un con Afal

O presidente da Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou que o
pleno da Mancomunidade reunido na tarde deste luns na casa do concello ferrolán deu luz verde a tres convenios do ámbito social, dous deles con Asfedro e outro coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras
demencias, Afal Ferrolterra.

O primeiro dos convenios con Asfedro está destinado ao financiamento das obras de reforma para a accesibilidade integral da Comunidade Terapéutica Tito Pena-O Confurco, que se creou en 1990 e forma parte da Rede pública de
centros de Drogodependencias da Xunta de Galicia. Opera mediante un convenio anual co SERGAS para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos con dependencias non alcólicas, e ten unha media anual de 72 usuarios ata o ano 2024.

Esta obra realízase para permitir a redistribución do edificio, mellorar a súa accesibilidade e habitabilidade e incrementar, así mesmo, as prazas. O orzamento da obra ascende a 382.675,24 euros, dos que 60.000 euros serán
aportados pola Mancomunidade.

Esta instalación é unha das dúas únicas comunidades terapéuticas para drogodependentes da provincia da Coruña (xunto con ACLAD na Coruña), e unha das tres únicas de toda Galicia (Alborada- Vigo). Conta con 22 dúas prazas (18 para homes e catro para mulleres).

O ámbito de actuación é o de Ferrolterra, Eume e Ortegal, comprendendo os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Ares, Mugardos, Valdoviño, As Somozas, San Sadurniño, Moeche, Cedeira, Pontedeume, Cabanas, A Capela,
As Pontes, Monfero, Ortigueira, Cariño, Mañón e Cerdido. Aínda que recibe pacientes de toda a provincia derivados doutras unidades asistenciais de drogodependencias, para os cales por criterios técnicos se considera beneficioso o tratamento lonxe da súa residencia habitual.

Ademais, o pleno aprobou outro convenio máis con Asfedro para o desenvolvemento dun programa de intervención con persoas reclusas drogodependentes, cun importe de 15.000 euros.

CONVENIO CON AFAL

A Mancomunidade deu tamén luz verde á sinatura dun convenio coa asociación Afal Ferrolterra para o desenvolvemento dun programa de formación e atención especializada en Alzhéimer e outras demencias para o
que destina de 15.000 euros. Esta entidade conta cunha experiencia de máis de 25 anos na atención ás persoas que conforman este colectivo. Actualmente ten máis de 360 socios e dispón dun equipo de 50 profesionais que traballan
diariamente cos usuarios en obradoiros de estimulación cognitiva, coas familias afectadas e desenvolven campañas de concienciación social sobre esta doenza.

Lea también

La Xunta anuncia la licitación de 55 proyectos en 2026 para construir 2.688 viviendas por casi 500 millones

Son obras de «diversos tamaños y precios«, que saldrán por trimestres y se ubican en …