O CPI Atios de Valdoviño conta con novo chan e o pintado de dúas aulas de infantil

A piques de comezar o novo curso escolar, o alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitaba na mañá deste venres o CPI Atios xunto aos concelleiros de Obras, Alejandro García, e de Servizos, Benito Vega, para supervisar o remate dos últimos traballos de mantenemento realizados no centro educativo. Unha visita na que estivo acompañado da directora, Tania Ruanova.

Así, cun investimento cercano aos 10.000 euros, o Concello levaba a cabo traballos en dúas aulas de Educación Infantil e tamén no tellado da entrada de acceso do alumnado do ciclo, contiguo á zona de xogos exterior.

En concreto, a empresa local contratada pola Administración local pintaba dúas das aulas e colocaba o novo chan, ademais de instalar no citado tellado unha plancha  no perímetro para mellorar o illamento e evitar filtracións.

Así mesmo, o Concello tamén substituía algúns elementos na área de xogosexterior, como un novo columpio cesta e un muelle balancín.

Lea también

Neda hace un llamamiento para que se reduzca el consumo de agua ante la escasez de reservas hidráulicas

El alcalde de Neda ha emitido un comunicado oficial recomendando a los vecinos hacer un …