Valdoviño activa unha nova edición de Concilia Tempos Mañás!

Coincidindo co arranque do novo curso escolar, o Concello de Valdoviño activa a partir deste luns 8 o programa municipal «Concilia Tempos Mañás!» no CPI Atios e escolas de Lago e de Taraza. O servizo consolídase como un recurso de conciliación para as familias, e comezará tempada con 58 nenos inscritos.

Incrementa así a demanda, nunha evolución positiva edición tras edición, e se en 2023 eran 27 os menores participantes, en 2024 a cifra aumentaba ata os 50, rebasándose o medio centenar neste curso.

Por centros, 42 nenos pertencen ao CPI Atios; 9 á escola unitaria de Lago, e 7 á escola unitaria de Taraza, en Meirás. Con este programa, o Concello facilita a entrada dende as 7:30 horas no primeiro caso e dende as 8:00 horas nas unitarias, axudando a nais e pais a compatibilizar as obrigas laborais co coidado dos seus fillos.

Co financiamento municipal, ten un custe para as familias de 30 euros/mes, e de 20 euros no caso de medio mes.

Lea también

Las entidades memorialistas de Ferrolterra pueden solicitar la incorporación al Consejo de la Memoria Democrática de Neda

Tras la aprobación del reglamento del Consejo de Memoria Democrática del Ayuntamiento de Neda, el …