O quinteto Piazzokene ofrece en Cedeira a súa revisión do tango arxentino

O Concello de Cedeira pisa o acelerador das actividades culturais, deportivas e de lecer nestas datas próximas xa á lectura do pregón das Festas da Patroa. Dito acto será o vindeiro luns 11, ás 20.00 h0ras na praza do Concello, e correrá a cargo de voluntarios de Protección Civil, entidade que cumpre 25 anos na localidade.

O xoves 7 culmina a Semana Infantil, un programa que acada ano tras ano unha alta participación, coa mañá adicada ao tradicional concurso de castelos de area. O Auditorio acollerá tamén este venres, ás 20.00 horas, a actuación do quinteto Piazzokene, que ofrecerá ao público unha revisión do tango, “unha viaxe con raíces arxentinas e alas europeas”. A entrada é de balde.

Este venres, día 8, será a Carreira Popular, todo un clásico no verán cedeirés. A proba, que ten máis carácter lúdico que competitivo, comezará ás 19.00 horas na praza Roxa e fará un percorrido polas rúas do casco urbano, con chegada ao mesmo lugar de partida. As persoas de calquera idade que queiran participar poderán inscribirse na mesma praza Roxa desde as 16.30 horas.

A axenda do abrangue tamén a presentación do libro “Cedeira en su historia y en la visión de un madrileño”, o segundo escrito por José Luis Muñoz Vázquez despois das súas memorias. O acto será ás 19.00 horas no Auditorio Municipal.

Están anunciadas varias citas para o sábado, día 9, xornada na que se desenvolverá un mercado na praza de Floreal desde as 10.00 ata as 21.00 horas. A partir das 18.00 disputaranse no campo de fútbol Carmen Maseda o I Memorial Óscar Galego. Será un torneo benéfico e as entradas -que custarán 3€- serán destinadas á Asociación Española contra o Cancro.

O mesmo día celebrarase a última sesión do ciclo Cedeciencia. Desta volta a cita será no Chiringo da Madalena, a partir das 20.00 horas, e contará coas intervencións de Ana Rubido e Santiago Rodríguez. A primeira é funcionaria superior, traballa no Ministerio de Transformación Dixital e está moi vinculada a proxectos intergubernamentais e ao talento mozo.

Abordará o “Intraemprendemento público para hackear: o sistema desde dentro dun ministerio”. Santiago Rodríguez, enxeñeiro que traballou no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, participou en proxecto da NASA e dirixe o proxecto ANSER -cuxo obxectivo é que tres nanosatélites voen sen ningún tipo de propulsión- falará de “Constelacións de pequenos satélites”.

O sábado 9 e o domingo 10 haberá festas patronais en San Román, cun programa composto das tradicionais sesións vermú e verbenas, procesión e un partido de solteros contra casados. O domingo 10 será o Día da Bicicleta. O Concello propón un ano máis un paseo sobre dúas rodas as todas as persoas, de calquera idade, que queiran participar. A saída será ás 11.00 horas  desde a praza Roxa.

Será un itinerario sinxelo, ao alcance de todos e todas, polo casco urbán. Pola tarde, ás 17.30 horas, vixéximo sétima edición da Travesía a Nado Concello de Cedeira, unha proba que adoita reunir un número destacado de deportistas de clubes de toda Galicia.

Na mesma tarde do domingo, a partir das 18.00 horas na praza de Floreal, terá lugar a vixesimo segunda edición do Certame de Bandas de Música “Vila de Cedeira”. Actuarán, xunto coa formación anfitroa, a agrupación musical Lira, de San Miguel de Oia, e a banda de Abegondo. En caso de choiva, o evento trasladarase ao Auditorio.

Lea también

Os Ferroláns volverán a enfrontarse aos ingleses nunha nova edición da Batalla de Brión

A actividade compleméntase co festival Brión Folk do 22 ao 24 deste mes. O domingo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *