O CIRS de Cervás en Ares acolle o concerto da banda de música da asociación cultural «Xábrega»

Este xoves 24 de xullo terá lugar o concerto da banda de música da asociación cultural «Xábrega» ás 20 horas no local do CIRS de Cervás en Ares.
 
 
Este concerto é xá un clásico nas previas do «Día da Patria» e vai facer un percorrido por varios estilos musicais, con especial atención á música galega.
 
Desde o CIRS  expresan «queremos saudar a boa disposición e colaboración de Xábrega coa sociedade e, nomeadamente, a posibilidade de achegar as súas músicas á veciñanza da parroquia».

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …