
Cinco persoas feridas nun accidente de tráfico na A6, ao seu paso polo concello de Aranga
Os bombeiros do parque provincial de Betanzos desprazáronse na mañá deste venres ata o punto quilométrico 541 da A6, ao seu paso polo concello de Aranga en dirección Lugo, por un accidente de tráfico no que resultaron feridas cinco persoas, e no que se viron implicados varios vehículos. As vítimas foron trasladas ao centro hospitalario de referencia.

Unha persoa ferida tras un accidente de tráfico na entrada da vila de Camariñas
Os bombeiros do parque provincial de Cee foron mobilizados na tarde noite deste pasado xoves por un accidente de tráfico cunha persoa atrapada no seu vehículo, na AC-432, concretamente no punto quilométrico 15, á entrada do lugar de Camariñas. O aviso deuno o 112.

Á chegada dos bombeiros ao lugar do incidente, a persoa que ía no vehículo xa estaba fóra do mesmo sendo atendida nunha ambulancia para ser trasladada, posteriormente, ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Os bombeiros colaboraron na regulación do tráfico e na limpeza da vía. No operativo tamén participaron menbros da Garda Civil de Tráfico de Corcubión, de Protección Civil de Camariñas e do 061 de Vimianzo.
Accidente de tráfico entre unha ambulancia e un turismo no núcleo urbano de Vimianzo

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron mobilizados no mediodía deste venres por un accidente entre unha ambulancia e un turismo no núcleo urbano de Vimianzo, concretamente no punto quilométrico 67 da AC-552.
Afortunadamente non houbo feridos de gravidade, aínda que a condutora do vehículo tivo que ser trasladada ao hospital por unha dor no pescozo.
Ata o lugar tamén se desprazaron Policía Local de Vimianzo, Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento tanto do Concello como de conservación de estradas.

Accidente de tráfico na AC 840, no punto quilométrico 12, en Oza dos Ríos

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron mobilizados por un accidente de tráfico con feridos non atrapados por saída de vía dun vehículo marca Peugeot na AC 840 no punto quilométrico 12, en Oza dos Ríos.