A Escola Javi Gómez Noya do Triatlón Ferrol participa no Tríatlon de Menores da Coruña

Preto dunha vintena de canteiráns da Escola Javi Gómez Noya participan este sábado no Tríatlon de Menores da Coruña. Disputarase tamén unha proba popular absoluta na que competirán seis integrantes do Triatlón Ferrol
 
Fuente Triatlon Ferrol/ Roi Agra
 
A Escola Javi Gómez Noya do Triatlón Ferrol, vixente club campión galego de tríatlon de menores, contará con 18 promesas no Tríatlon de Menores da Coruña.
 
Este sábado 19 compiten no Parrote seis benxamíns, tres alevíns, catro infantís e dous cadetes da base do club ferrolán. Ademais, participarán tres prebenxamíns nunha proba non competitiva.
 
Pola súa parte, o absoluto Martín Vellas e os veteranos Luis Rilo, Mario Lípez, Fran Pérez Vargas, Juanchi González e Chema Eiropa disputarán a proba popular de distancia esprinte que tamén acollerá a cidade herculina.

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …