O cine e a maxia dan paso á música na programación cultural do Concello de Valdoviño neste mes de xullo, e este xoves 17, o auditorio da casa da cultura acollerá un concerto de clarinetes a cargo de «Cuarteto Ártabro», integrado por Francisco San Ramón Calvo, Iago López Ramil, Marta Diéguez Varela e Iván Fernández Coba. O recital dará comezo ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
«Cuarteto Ártabro» reúne a catro dos mellores clarinetistas da comarca como son Francisco San Ramón Calvo, director da Xove Banda de Narón e da banda da A.C. Xábrega; profesor de clarinete na A.C.M. Sementeira de Narón e na A.C. Xábrega; profesor de clarinete e director do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol; Iván Fernández Coba, músico que compaxina a docencia na A.C.M. Sementeira de Narón cos seus estudos superiores de Dirección no Conservatorio Superior de Música de A Coruña; e Iago López Ramil e Marta Diéguez Varela, músicos cunha ampla formación que na actualidade amplían a través dunha beca pola Universidade de Gotemburgo (Suecia) para estudar o Master of Fine Arts in Music with Specialisation in Symphonic Orchestra Performance.