Comeza ‘Saudade’ o evento da Deputación que reúne a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín

O Retiro da Costiña acolleu a cea inaugural de ‘Saudade’, o evento organizado pola área de turismo da Deputación da Coruña co obxectivo de fortalecer a identidade gastronómica da provincia da Coruña e fomentar a súa promoción en todo o Estado, e que se desenvolverá os días 14 e 15 de xullo en diferentes puntos da provincia: Santa Comba, Santiago, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Coristanco. O vicepresidente, Xosé Regueira, foi o encargado de dar a benvida aos participantes, convidándoos

Un total de 13 chefs de todo o Estado, que suman máis de 20 estrelas Michelín, viaxaron a provincia da Coruña para explorar, descubrir e mergullarse nos recursos gastronómicos e os produtos autóctonos que fan único o territorio: Alberto Chicote, Diego Guerrero, Paco Morales, Aitor Arregi, Maca de Castro, Begoña Rodrigo, Andoni Luis Aduriz, Toño Pérez e os galegos Javi Olleros, Xosé Cannas, Manuel Costiña, Lucía Freitas e Pepe Solla, varios con 2 e 3 estrelas Michelin acompañados de xornalistas e prescritores e prescritoras de prestixio do ámbito gastronómico.

Os produtores locais da provincia serán protagonistas ao ofrecer, na última das xornadas, unha degustación dos seus produtos. É o caso de A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D`Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte. 

Primeira xornada, adicada ao mar, no Barbanza

Tras esta primeira xornada previa no Retiro da Costiña, haberá outras dúas temáticas, unha dedicada ao mar e outra á terra.

Este luns 14 os participantes viaxarán á comarca do Barbanza para coñecer o proceso de captura e preparación dos mellores produtos do mar, desde a súa orixe ata a mesa. Para iso visitarán durante a tarde (17.00 horas), a lonxa de Ribeira e gozarán dunha experiencia marítima a cargo dun bateeiro, onde tomarán contacto co proceso de cultivo do mexillón. A xornada completarase cunha visita á adega Entre os ríos, na Pobra do Caramiñal, na que haberá unha cata de viño maridada con conservas, e continuará cunha comida no corazón da comarca do Barbanza. O día rematará cunha cea no Mercado de Abastos de Compostela.

Segunda xornada, adicada á terra, en Bergantiños

A xornada do día 15, dedicada á terra, terá lugar en Coristanco; e as actividades previstas poñerán en valor os produtos do campo, dando a coñecer tamén os procesos de cultivo sostible e o seu papel na gastronomía contemporánea. Así, o programa inclúe un encontro con produtores locais da provincia, profesionais do sector e chefs para compartir e intercambiar opinións e experiencias.

Haberá unha primeira mesa de debate, ás 12.00 horas, sobre ‘Raíces sostibles: Produto, Territorio e Cultura Alimentaria’, na que participarán o chef Paco Morales (3*) e a chef Lucía Freitas (1*), o divulgador científico José Miguel Mulet, e Lucía Calvo, da Despensa D’Lujo.

A continuación, ás 12.30 horas, celebrarase unha segunda mesa de debate ao redor do tema ‘Facer País: Innovación, Sustentabilidade e Paisaxe Emocional’, na que participarán os chefs Andoni Luis Aduriz (2*) e Xosé Cannas (2*), a xornalista gastronómica Lakshmi Aguirre, e Senén Barral, responsable do Departamento de Innovación, Infraestruturas e Servizos de Restauración de Inditex. A xornada finalizará cunha comida tradicional.

Entre as empresas participantes figuran A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D`Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte. 

Un proxecto, en definitiva, deseñado para resaltar a excelencia e diversidade dos produtos locais, e que brindará aos participantes a oportunidade de vivir unha experiencia sensorial única, permitíndolles conectarse coa orixe e a elaboración de cada ingrediente.

Lea también

La Escuela de Gaitas de Ortigueira culmina el Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira

El Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira culminó este pasado domingo una edición histórica, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *