Bronces para os canteiráns do Triatlón Ferrol coa selección galega

As promesas da Escola Javi Gómez Noya do Club Triatlón Ferrol Ariel Soto Meizoso e Miguel Benasach subiron ao podio no campionato de España de tríatlon por seleccións autonómicas coa súa participación nas remudas inclusivas, con deportistas con e sen discapacidade.

Bronce inclusivo absoluto/ Fuente Triatlon Ferrol 

O cadete Ariel Soto Meizoso foi 17º na proba individual e despois elixido para abrir a remuda inclusiva de categoría absoluta, coa que Galicia acadou a medalla de bronce. Pola súa parte, o infantil Miguel Benasach realizou a segunda posta da remuda inclusiva de idade escolar na que a selección galega tamén rematou en terceira posición.

Bronce inclusivo escolar/ Fuente Triatlon Ferrol

Lea también

Ale de Paz conquista por quinta vez o título de “Mellor deportista do Concello de Neda”

O A xogadora de fútbol sala Ale de Paz volve proclamarse “mellor deportista de Neda” …