Ares pon en marcha a Oficina Municipal de Turismo para a tempada de verán

Estará aberta até outubro, inclusive, tanto en horario de mañá como de tarde.

OIT Ares

Dende esta semana a Oficina de Información Turística (OIT) do Concello de Ares ten as súas portas abertas para toda aquela persoa interesada en coñecer a oferta cultural, patrimonial e de lecer dispoñible durante os vindeiros meses.  O servizo funcionará ata finais de outubro ofrecendo atención personalizada e a principal información para explorar a riqueza natural, a historia e a identidade do municipio.

O punto de información turística estará aberto de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, amais dos sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas na franxa de tarde.

Na oficina poderase obter información actualizada sobre actividades turísticas como as rutas en barco «Ares dende o Mar«, que percorren a ría durante as fins de semana a bordo do M. Presas, ou as visitas guiadas ao Mosteiro de Santa Catalina –os luns e xoves– e o alboio de Redes –martes e venres– polas mañás, dispoñibles do 15 de xullo ao 15 de setembro sen necesidade de reserva previa.

OIT de Ares

Con todo, dende a Concellaría de Turismo tamén informan que nos vindeiros días se habilitará o servizo municipal de “BicicletAres”, para alugar bicicletas na propia oficina e percorrer a vila de forma sostible e cómoda grazas á súa morfoloxía plana.

A OIT actúa así como un centro de atención turística e de apoio á tramitación de reservas, achegando ao público unha visión completa de Ares, coas súas rutas de sendeirismo para hibridar turismo e deporte, a forte pegada indiana, o seu patrimonio histórico e a súa estreita relación co mar.

Lea también

Mugardos constituye el Comité de Seguridad de la Información

El Ayuntamiento de Mugardos constituyó el Comité de Seguridad de la Información, un nuevo órgano …