Sábado 28 de xuño de 2025
Actividade: Open Concello de Narón de Boccia. No Pavillón da Mocidade, a partir das 9:30 horas e tamén pola tarde.
A competición, organizada polo Concello e a Asociación Sociocultural ASCM, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado, disputarase nas categorías BC3 e BC5.
Actividade: Programa Guizo: Cianotipia polo San Xoán. No Centro cívico social do Couto, ás 11:00 horas.
Os menores de 6 a 12 anos son os destinatarios desta proposta, do programa municipal Guizo, no que Alouette Machine, unha imprenta ambulante, trae a Narón un obradoiro de cianotipia para realizar fotocomposicións empregando a luz e a auga. Require inscrición previa.

Actividade: Música nas prazas. Na praza de Tranvías, ás 11:30 horas.
A Xove Banda de Narón organiza esta iniciativa, que se desenvolverá durante tres sábados en espazos públicos da cidade. Alí actuará a Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, coa que colabora o Concello na organización do evento.
Actividade: XI Encontro de Rondallas Cidade de Narón. No Campo da festa de Piñeiros, ás 17:00 horas.
As rondallas Añoranzas, Só Elas, Lucero del Alba e Trobadores de Ares actuarán neste evento, organizado polo Concello e a AVV Piñeiros. Ao remate do Encontro serviranse callos a prezos populares e actuará o Dúo Aplauso.
Actividade: Churrascada-sardiñada e concerto de Budiño. En las Inmediacións do centro cívico social de San Xiao. Las actividades a partir das 19:00 horas.
As inmediacións do centro cívico social de San Xiao acollerán unha programación que inclúe xogos tradicionais, populares e inchables e na que ás 21:00 horas dará comezo a sardiñada e churrascada popular. A partir desa hora tamén actuará o Grupo de gaitas do Padroado da Cultura e ás 22:30 dará comezo o concerto de Xosé Manuel Budiño.
Domingo 29 de xuño de 2025
Actividade: Open Concello de Narón de Boccia. No Pavillón da Mocidade, a partir das 9:00 horas.
A competición, organizada polo Concello e a Asociación Sociocultural ASCM, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado, disputarase nas categorías BC3 e BC5.
Actividade: Espectáculo “Mil maxias máis” . No Parque do río Freixeiro, con Funcións ás 12:00; 13:00; 17:00 e 18:00 horas.
O Mago Antón traerá a Narón no seu magomóbil o espectáculo Mil Maxias máis, dirixido a nenas e nenos. A capacidade é limitada e o acceso será por orde de chegada dos menores. A entrada é de balde.