Recepción ó equipo alevín do Club Balonmán Narón tras gañar a Liga de prata autonómica

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron no Concello a o equipo alevín Error Ferrol-Balonmano Narón, que se proclamou recentemente campión da Liga plata autonómica de balonmán. Alejandro Basoa e María Torrente, presidente e secretaria, respectivamente, do Club Balonmán Narón, acompañaron aos nenos que conversaron con Ferreiro e Santalla no salón de plenos.

Os integrantes do equipo contaron a súa experiencia nesta Liga e tamén amosaron a súa ilusión pola participación, do 3 ao 6 de xullo, nun torneo internacional de balonmán que se celebrará en Oporto. Dende o club local destacaron o labor dos adestradores dos alevíns, Daniel Lamas e Paula Foz, e tamén a progresión que tivo o equipo nos últimos meses.

Pola súa banda, a alcaldesa e o edil de Deportes, felicitaron aos integrantes do equipo polos resultados acadados e desexáronlle moita sorte ao equipo na competición internacional. Así mesmo, conversaron cos representantes da directiva do club, que mudou recentemente, e destacaron tamén o labor que desenvolve ao longo do ano na promoción do deporte e a súa traxectoria.

Lea también

Meirás celebra este domingo su tradicional Vuelta Ciclista, que alcanza su 31ª edición

La marcha partirá del local social a las 10:30 horas, con participación gratuita, pero con …