Conferencia sobre flora serpentínica da SGHN en Ferrol

Será este venres 27 dentro do seu ciclo de «Xuntanzas Naturalistas», e será impartida polo botánico e investigador da USC.

Co título «Flora serpentínica: ecoloxía e conservación«, a delegación de Ferrol da SGHN organiza, dentro do seu ciclo Xuntanzas Naturalistas baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, unha conferencia sobre a sorprendente diversidade vexetal que habita nos solos ultrabásicos das serras do Careón e da Capelada.
 
Esta flora é única e de grande importancia ecolóxica, xa que inclúe especies endémicas e adaptadas a condicións extremas, contribuíndo á biodiversidade e á conservación de ecosistemas raros e especializados. Pablo Rodeiro é investigador predoutoral no departamento de Botánica da USC e está realizando a investigación nesta flora asociada a serpentinas.
 
Durante a súa ponencia Rodeiro falará sobre a distribución destas especies; as características ecolóxicas dos seus hábitats; endemismos exclusivos e outras especies ligadas a serpentinas e ao afloramento; o enorme valor ecolóxico que teñen estas especies; as ameazas, e as medidas propostas para a súa conservación.
 
A conferencia terá lugar ás 19:30 deste venres 27 no auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol, e a asistencia á mesma é libre ata completar o aforo.
Cartel SGHN

Lea también

Abierto el plazo de ofertas para la reforma del local de la Asociación Vecinal de Pazos (Ferrol)

Las empresas interesadas podrán presentar sus propuestas hasta el 15 de octubre. La Plataforma de …