Saen á luz na praia da Madalena en Cedeira restos das antigas fábricas de salgadura

O Concello de Cedeira solicita permiso a Patrimonio para poñer en valor os restos e recuperar con eles unha parte da historia da industria pesqueira local.

As obras de rexeneración da praia da Madalena e os traballos de control arqueolóxico que levan aparellados permitiron o achado duns restos das antigas fábricas de salgadura que existían no areal. Son apenas as cimentacións dunha daquelas naves, pero o Concello ten xa un proxecto arqueolóxico, redactado polo equipo de Axa Arqueoloxía, para solicitar os permisos pertinentes á Dirección Xeral de Patrimonio e realizar a súa limpeza e consolidación.

Tal e como explicou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, a idea é colocar unha mesa explicativa para que a xente poida coñecer ese capítulo da historia da localidade.

Ata mediados do século XX existieron no areal da Madalena ata sete fábricas de salgadura, que entre 1955 e 1960 foron derruídas. Os restos achados están preto das casetas situadas ao pé da praza da Revolta. Apareceron cimentacións de tres dos muros da planta rectangular dunha daquelas fábricas, concretamente unha liña de quince metros de lonxitude e dúas perpendiculares de sete metros. Teñen unha media de altura de 40 centímetros.

O plan de actuación consistiría en completar a excavación destes restos e proceder á súa limpeza e consolidación, completando algunhas fiadas para garantir que se vexan e se entenda a situación das antigas estruturas, pero con material distinto do orixinal para interpretar correctamente os restos. Nas súas inmediacións colocarase a mesa informativa cunha reconstrución dixital da antiga fábrica de salgadura, fotografías antigas e datos sobre aquelas antigas industrias.

Moreda Gil apuntou que as fábricas de salgadura foron unha peza importante no desenvolvemento da actividade económica da localidade e considerou que a posta en valor destes restos vai contribuír a divulgar a historia local, na mesma liña do que representou a recuperación das antigas cetarias de Sarridal.

Lea también

As Pontes acometerá obras de mellora no firme da Avda. Das Veigas e a rúa Pardo Bazán

Os traballos, cun investimento de máis de 79.000 euros, buscan reforzar a seguridade e comodidade …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *