Primeiras sesións en Ares do campamento tecnolóxico

Durante o que queda de xuño e todo xullo, a mocidade aprenderá sobre intelixencia artificial, ciberseguridade, robótica, programación ou ciberseguridade, ao tempo que desenvolven o pensamento crítico.

Fuente Concello de Ares

O Concello de Ares e a Fundación Esplai deron comezo ó campamento de verán “CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital”, unha iniciativa con perspectiva lúdico-formativa inaugurada este luns 23 na Aula CeMIT da Casa da Xuventude. As súas sesións parten dun obxectivo claro: achegar as novas tecnoloxías á rapazada dun xeito seguro, consciente e creativo.

Fuente Concello de Ares

Así, as súas actividades oriéntanse a mozos de 9 a 17 anos e estenderanse durante o que queda de xuño e todo xullo. O equipo de monitores incluirá obradoiros prácticos sobre intelixencia artificial (IA), robótica, programación, readidade virtual e ciberseguridade empregando metodoloxías participativas, facendo que a mocidade adquira coñecementos dende o xogo e se familiarice co uso responsable das ferramentas dixitais ao seu alcance.

Fuente Concello de Ares

O campamento supón unha aposta pola educación e alfabetización tecnolóxicas, contribuíndo a aprender nunha contorna segura e impulsar a creatividade da rapazada. O itinerario formativo dos cursos é de 30 horas e ao finalizar entregarase un diploma acreditativo.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …