O canteirán ferrolán Ariel Soto Meizoso faise co campionato galego de tríatlon de categoría cadete

A Escola Javi Gómez Noya sumou ademais oito medallas no circuíto galego de menores.
 
benxamíns
A base do Triatlón Ferrol subiu ao máis alto do podio coa actuación do cadete Ariel Soto Meizoso no campionato galego de tríatlon celebrado esta fin de semana en Ponteares. O canteirán ferrolán gañou con máis dun minuto de vantaxe sobre os seus perseguidores grazas a un notable segmento ciclista.
 
Mentres, o tamén cadete Adrián Canosa e a xuvenil Ariadna Soto Meizoso foron oitavos no campionato autonómico.
 
Alevíns
Por outra banda, nas probas do circuíto galego de categorías menores, a Escola Javi Gómez Noya fíxose con oito medallas. En categoría infantil, Miguel Benasach foi bronce. En alevín, o equipo ferrolán colgouse o ouro grazas á vitoria individual de Lucía Alvite, á prata de Carla Colmenero e ao quinto posto de Cecilia Benasach.
 
Prebenxamíns
En benxamín, os equipos da Escola Javi Gómez Noya tanto feminino como masculino foron os mellores grazas ao bronce individual de Raúl Alvite, o cuarto posto de Adrián Alarcón e o oitavo de Román Vilaboy; e ao triunfo de María Benasach, á oitava posición de Candela Martínez-Raposo e á novena de Paula Rilo. 
 
Ademais, na proba benxamín que se dispitou no Tritea de Ponteareas, Mario Benasach foi o máis rápido, seguido do seu compañeiro Nicolás Puentes e Marina Martínez-Raposo foi terceira.

Lea también

Las actividades deportivas de Valdoviño Saludable darán comienzo la próxima semana

Cerca de 250 vecinos de todas las edades formalizaron su inscripción en la programación diseñada …