A escola de música moderna de San Sadurniño clausura curso

Pechou curso a escola de música moderna que dirixe Xoán Leis en San Sadurniño. 
 
Foto: César Galdo
Foi unha clausura chea de pezas de distintos estilos, interpretadas con grande mestría por persoas de todas as idades.  Ademais de rock, pop, bandas sonoras e folc, entre outros, tamén houbo a poesía de María Teresa Pouso e a actuación do grupo de cantos de taberna, que atendeu o convite para facer aínda maior a festa vivida na Casa da Cultura antes do xantar.
 
As restantes escolas municipais -gaita, pandeireta, baile e ximnasia de mantemento- irán finalizando as clases esta semana e farán unha despedida de curso conxunta o venres 27 a partir das 19:00 horas nos xardíns municipais.
 
Foto: César Galdo
Foto: César Galdo
 
Foto: César Galdo
 
A programación pode consultarse neste enlace.

Lea también

Afundación de Ferrol acoge la exposición retrospectiva de Antonio Mingote «La inteligencia del trazo»

La muestra, realizada en colaboración con la Fundación Mingote, reúne más de cien obras que …