O Auditorio de Ferrol acolle este domingo o concerto Silvia & Salvador

Entre os compositores que participaron neste álbum están Jorge Drexler, Lau Noah ou Luisa Sobral.

O Auditorio municipal de Ferrol acolle este domingo 22 ás 19.30 horas o concerto Silvia & Salvador, a cargo dos músicos Silvia Pérez Cruz e Salvador Sobral. Únense, así, dous talentos, cantantes e compositores, que están de xira durante este 2025 presentando o seu último álbum.

Un traballo formado por novas cancións que son o resultado de amizades e inspiracións comúns. Compositores cercanos a eles dous protagonizan o repertorio deste disco, que conta con temas compostos por Jorge Drexler, Lau Noah ou Luisa Sobral entre outros.

O xénero deste concerto navega entre o pop, o folk e o jazz, sendo axeitado para tódolos públicos e idades. As entradas xa están esgotadas.

Lea también

Punta Penencia acoge el Campeonato Ciudad de Ferrol de Bodyboard

El concejal de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, ha presentado el VIII Campeonato Ciudad de …