A iniciativa de “Galicia sabe amar” regresa á Ares cunha nova parada no CPI As Mirandas

Ares recibiu unha nova visita da foodtruck da campaña “Galicia sabe Amar”, promovida pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea. A foodtruck azul, que percorre o territorio exaltando a riqueza dos produtos do mar galegos, estivo nesta ocasión no CPI As Mirandas para achegar a máis de 280 estudantes varias degustacións co mellor do Océano Atlántico.

Fuente Concello de Ares

A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Blanco, tamén visitou na mañá deste mércores 18 o CPI As Mirandas e deu a benvida de novo á foodtruck de Galicia sabe Amar, ao tempo que aproveitou para destacar “a relevancia de transmitir á mocidade a riqueza dos produtos do noso litoral”, aprendendo sobre a tradición pesqueira.

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

Ao longo da mañá do citado mércores, entre as 9:30 horas e as 14:30 horas, a comunidade educativa do centro puido saborear algunhas preparacións como o mexilón en escabeche, o hummus de fabas de Lourenzá sobre mariñeira de Chantada ou a croqueta de polbo, todas elas confeccionadas co obxectivo de poñer en valor os tesouros do mar e os alimentos de proximidade.

Fuente Concello de Ares

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …