Un centenar de alumnos da Agasp percorreron o tramo do Camiño Inglés en Narón

Uns 90 integrantes da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), entre os que dous virán para Narón, Patricia Blanco Carballo e Juan Sánchez Sanjurjo, iniciaron o Camiño Inglés cara a Compostela dende o veciño municipio de Ferrol.

Ao seu paso polo paseo marítimo de Xuvia, nas inmediacións do punto que marca o quilómetro 100 a Compostela, foron recibidos polo concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, e o oficial José Antonio Carballido. O concelleiro de Seguridade Cidadá deulles a benvida á cidade e conversou con algúns deles, varios da comarca, desexándolles a todos eles un bo camiño.

Os futuros axentes da Policía Local camiñarán durante catro xornadas, pernoctando nas instalacións da Agasp, e chegarán este venres a Compostela, segundo as previsións. Aos poucos días de rematar o camiño incorporaranse aos seus concellos de destino, donde traballarán dende xullo ata setembro, incluídos, antes de regresar novamente á Academia para rematar a súa formación.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …