Axenda en Narón do 13 ao 15 de xuño

Venres 13 de xuño de 2025

-Actividade: Andaina solsticial: Recreación das Lendas da Pena Molexa. No convento de Baltar á Pena Molexa, ás 22:30 horas.

A programación da Recreación das Lendas da Pena Molexa comeza coa tradicional andaina solsticial, na que os participantes portarán fachos cos que alumearán o percorrido entre o convento de Baltar e a Pena Molexa. O Concello e a AVV Os Irmandiños do Val organizan este evento, cuxa programación terá continuidade o vindeiro sábado 21.

Andaina solsticial: Recreación das Lendas da Pena Molexa

Sábado 14 de xuño de 2025

-Actividade: III Canichada de Galicia Lugar. No Recinto feiral do Trece (Sedes); A partir das 11:00 horas e dende as 16:30 horas pola tarde.

Máis de 150 cans da raza caniche participarán este ano no evento, procedentes de concellos galegos e tamén doutras comunidades como Castela León, Madrid e o País Vasco. O Concello e a Asociación de Caniches de Galicia organizan esta convocatoria, na que haberá tamén charlas e postos de venda especializados en temas caninos.

-Actividade: Música nas prazas. Seá na Praza da Gándara, ás 11:30 horas.

A Xove Banda de Narón organiza esta iniciativa, que se desenvolverá durante tres sábados en espazos públicos da cidade. Alí actuará a Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, coa que colabora o Concello na organización do evento.

Domingo 15 de xuño de 2025

-Actividade: Ponte en ruta con nós: Santo André de Teixido (segunda etapa). Con saída en bus dende A Gándara ata Porto do Cabo (Valdoviño), ás 8:30 horas.

O Concello desenvolverá a segunda etapa do Camiño a Santo André, organizada a través do programa municipal Ponte en ruta con nós. Nesta ocasión os camiñantes sairán en bus dende o pavillón da Gándara ata Porto do Cabo, en Valdoviño, para rematar a andaina no santuario de Santo André de Teixido. O regreso será novamente en autobús.

 

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …