O CIRS de Cervás acolle o documental «Mugardos, lugar dos… silencios»

«Mugardos, lugar dos… silencios» En Ferrolterra a sublevación militar de 1936 resolveuse en dez días. Non houbo guerra, pero a represión contra a población foi indiscriminada, brutal, alongouse décadas e afectou a todos os sectores sociais. O silencio cubriu as persecucións, os golpes, os asaltos ás casas, as torturas, os encarceramentos arbitrarios…

O documental de Vera Varela saca á luz esa Historia que todo o mundo sabía, pero que non se contaba en alto, a historia das mulleres que resistiron e as familias que a sufriron, contada en primeira persoa por aquelas que a padeceron máis de perto. Loli Vázquez Anido e Pilar Iglesias abren a súa memoria para deixar testemuña e evitar que se esqueza o que durante tanto tempo se calou.

A estrea deste documental fíxose o pasado 2 de maio en Mugardos, nun local ateigado de xente, e con outra moita que non poido entrar; polo que desde o CIRS xestionouse esta nova proxección, que vai ter lugar no local do Centro Instrutivo, Recreativo e Social (CIRS)de Cervás o vindeiro sábado 14 de xuño ás 20 horas.

Lea también

Edu Pereira recibió el reconocimiento del Concello de Ferrol por su segundo Premio Goya de fotografía

El fotógrafo ferrolano Edu Pereira era galardonado el pasado sábado 7 en Zaragoza con el …