Nós Mariñeir@s organiza no Porto de Ferrol un showcooking coa colaboración da Asociación de Hostalería Fervello

Será ás 11:00 horas e estará aberto ao público.

O porto de Ferrol acollerá este venres ás 11:00 horas unha nova actividade do proxecto Nós Mariñeir@s do Concello de Ferrol. Trátase dun showcooking dirixido ao público en xeral, despois dos dous para nenos e nenas organizados nas últimas semanas.

Aínda que en principio había un número de prazas limitado, finalmente optouse por abrilo a todas as persoas interesadas en gozar desta proposta na que tres chefs da asociación de hostaleiros Férvello de Ferrol Vello ofrecerán unha sesión de Cociña Con-Fusión, reinterpretando de xeito divertido receitas tradicionais feitas con produtos subministrados pola Confraría de Ferrol.

As próximas propostas de Nós Mariñeir@s serán a presentación dun receitario feito coa colaboración de veciños e veciñas do barrio de Ferrol Vello e unha exposición que recollerá o traballo realizado, desde o ano pasado, no marco
desta iniciativa.

Nós Mariñeir@s é un proxecto subvencionado pola Consellería do Mar financiado con fondos FEXPA tramitados a través do GALP Golfo Ártabro Norte. No mesmo están involucrados a Autoridade Portuaria, a Confraría de Pescadores, a Asociación de Veciños de Ferrol Vello, a Asociación de Hostalería Férvello e a Escola Oficial Náutico-Pesqueira.

Lea también

Siete empresas presentan ofertas para realizar el aglomerado del tramo de la avenida de la Residencia

El tramo de 738 metros de la avenida de la Residencia que conecta la rotonda …