A Deputación colabora con centro «O Mencer» en apoio ás vítimas de explotación sexual de Ferrolterra

A deputada provincial de igualdade, de A Coruña, Soledad Agra, visitou o centro, acompañada da deputada Cristina García Rey, e coñeceron de primeira man a realidade das mulleres en situación de prostitución das comarcas de Ferrol e Eume. “A explotación sexual é a maior das discriminacións que sofren as mulleres, e nós seremos sempre unha administración aliada que apoia o labor deste centro coas mulleres vítimas” sinalou.

Fuente Diputación de A Coruña

O centro «O Mencer» que xestiona a orde das Oblatas co obxectivo de apoiar as mulleres vítimas da explotación sexual recibiu a visita da deputada de Igualdade, Soledad Agra, acompañada da deputada provincial Cristina García Rey. Unha visita que se enmarca no apoio da Deputación a esta entidade, a través da liña de subvencións a políticas de igualdade. Ademais, tamén aproveitaron para visitar a exposición fotográfica “Punto e seguimos. A vida pode máis” que ten como obxectivo sensibilizar sobre a realidade da trata de persoas.

A deputada puxo en valor o traballo da entidade na loita contra a explotación sexual, “a maior das discriminacións que sufrimos as mulleres”, e sinalou que “nós somos e seremos sempre unha administración aliada, apoiando o labor deste centro coas mulleres vítimas, e tamén de outras moitas iniciativas que combaten cada día as tantas situacións de vulnerabilidade que atravesan as mulleres so polo feito de selo”.

Pola súa banda, dende a entidade agradeceron o apoio continuado da entidade provincial, sinalando ademais que “todas as dotacións técnicas coas que contamos son grazas ás axudas da Deputación”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Na súa visita, Soledad Agra coñeceu de primeira man a actividade das Oblatas no centro de Día «O Mencer» que traballa co obxectivo de favorecer o desenvolvemento integral e a autonomía das mulleres que están en situación de prostitución ou son vítimas da trata. A deputada destacou non só o labor de apoio que exercen ás mulleres, senón tamén “a sensibilización social e denuncia para combater estas situacións tan inxustas e insoportábeis que aínda hoxe continúan existindo».

“Dende a área de igualdade da Deputación, unha das nosas principais liñas de traballo é o apoio a entidades como esta, que traballan dende o local en cuestións tan relevantes como o amparo e apoio a mulleres en diferentes situacións de risco e vulnerabilidade e que, con moi poucos recursos, combaten a desigualdade e fan un labor esencial para a nosa sociedade, así que non podo estar máis que agradecida e poñerme á súa disposición para continuar colaborando en aquelas iniciativas que persigan este fin”.

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

El Concello de Ferrol adquiere un local de más de 300 m2 para ampliar las instalaciones de la AVV Ultramar

La Junta de Gobierno local de Ferrol aprobó en la mañana de este jueves 31 …