Na xornada do luns, no parque de bombeiros recibiuse un aviso de que o condutor dun vehículo localizado no hotel Valcarce, a escasos metros, antes de arrancar oíu un maullido dun gato. Ao achegarse os bombeiros comprobaron cunha cámara endoscópica que estaba nos baixos do vehículo, un híbrido coa zona baixa tapada con proteccións, o que impedía que accedesen os profesionais, non así o gato. Tras poder destapar unha das zonas dianteiras e tras unha hora de intervención, puideron rescatarlo.
A segunda intervención foi tras alertar unha veciña da rúa Bruquetas de que o seu gato se metera nun oco ao que ela non podía acceder. Unha vez no punto, os bombeiros atopáronse con que estaba nunha zona entre edificios da rúa Bruquetas e a avenida Santa Icía, sen acceso. Foi grazas a que un veciño deixou acceder por un patio interior que se puido rescatar ao gato, que caera por unha altura duns doce metros. Os bombeiros accederon mediante un sistema de cordas e escadas e tardaron preto de dúas horas en poder realizar a intervención.