BNG de Ferrol pide a limpeza da praza situada entre a entrada principal de Navantia e o polideportivo de Batallóns

Os nacionalistas recordan a súas reiteradas peticións, na comisión de “Urbanismo, obras e servicios”, de que o concello de Ferrol recorde e inste ao seu propietario o IGVS (Instituto Galego de Vivenda e solo) a súa obriga de manter e limpar esta parcela ou actuar subsidiariamente.

O concelleiro do BNG Roberto Montero expón que a situación desta praza, «e de total desleixo e abandono por parte do IGVS, ente dependente da Xunta de Galiza, co cómplice silencio por parte do goberno municipal do PP, “non se acomete ningunha labor de mantemento nin de limpeza, o lixo campa as súas anchas, podemos atopar latas, plásticos, botellas e ata colchóns tirados no chan que permanecen alí durante anos”

Dende a fronte acusan o PP «de intente normalizar está situación esperando de brazos cruzados a ver se algún día a execución do proxecto de abrir Ferrol o mar o pode solucionar, Montero tamén denuncia que o goberno municipal de Rey Varela sempre que ten que escoller entre defender a veciñanza ou a Xunta de Galiza acabe sempre dando as costas a veciñanza».

Lea también

Sale a licitación en Ferrol la obra para mejorar la habitabilidad del edificio 8 de la carretera de Castilla

El presupuesto es de 247.271,09 euros, (incluido el IVA del 10%) y el plazo de …