Apertura en Narón da inscrición na Ludoteca municipal da Solaina

A Ludoteca municipal de Narón abre este luns 9 e ata o 20 de xuño, o prazo de inscrición neste servizo ata completar a totalidade das prazas dispoñibles, que se dirixen a menores de 3 a 12 anos.

Fuente Concello de Narón

A edil de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, recordou que as matrículas se deben formalizar no propio centro, localizado no número 2 da rúa Cardenal Cisneros, na Solaina, de luns a venres en horario unicamente de 13:00 a 14:00. En total ofértanse 120 prazas, das que 40 serán para a xornada de luns e mércores, outras 40 para a de martes e xoves e as corenta restantes parea os grupos do venres, en todos os casos en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Cada un dos grupos terá dúas quendas con 20 menores cada unha, unha de 3 a 6 anos e outra de 7 a 12. A edil de Bibliotecas recordou que do 25 de xuño ao 7 de setembro as instalacións da Ludoteca municipal da Solaina abrirán en horario de verán, se ben durante agosto permanecerán pechadas. De luns a venres estará operativa entre as 10:00 e as 13:00 para actividades e de 13:00 a 14:00 horas para solicitar información e formalizar matrículas.

“Trátase dun servizo de balde para as familias e que ofrece unha gran variedade de actividades lúdicas e, ao mesmo tempo tamén didácticas adaptadas ás idades de cada unha das quendas ás que se dirixe”, apuntou Olga Ameneiro. A concelleira animou ás familias que o precisen a “facer uso deste servizo que lles permitirá conciliar mellor na tempada de verán e, ao mesmo tempo, que as nenas e nenos compartan xogos e actividades con outros menores”.

Lea también

Narón convértese no corazón do fútbol base galego co Campionato de Seleccións comarcais

As instalacións municipais de Río Seco, Narón, serán este martes de Entroido o punto de …