Continúan as melloras en As Pontes na pista do Bidueiro

O Concello das Pontes ten previsto continuar coa mellora a pista do Bidueiro (fase 3), na parroquia do Freixo, que conecta a estrada autonómica cos núcleos do Caxete, a , A Casa da Bouza, Merlán e as Lamelas. O proxecto, cun orzamento de 74.200 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirá a renovación do firme nun tramo que ten unha lonxitude de 730 metros.

Fuente Concello de As pontes

As actuacións previstas consisten no varrido da calzada, a limpeza e perfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme reparación puntual das fochas existentes con mestura bituminosa, e o estendido dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de 5 cm de espesor. Rematarase a actuación coa sinalización horizontal e vertical necesarias.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …