As alcaldesas de Narón e Tomiño acordan coa Fegamp solicitar unha reunión coa Consellería de Medio Rural para abordar o problema das moscas

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse a Santiago de Compostela para reunirse con Alberto Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, con motivo da problemática da proliferación de moscas que afecta aos respectivos concellos.

Na convocatoria a rexedora local estivo acompañada por persoal técnico municipal e a primeira edil de Tomiño pola concelleira de Medio Ambiente da localidade, Ana Belén Casaleiro. O presidente da Fegamp acordou coas alcaldesas no transcurso da xuntanza solicitar unha reunión á Consellería de Medio Rural “para tratar de buscar unha solución ao problema dende a colaboración de todas as administracións porque esta situación se está prolongando no tempo e non se lle está dando ningunha solución”.

Pola súa banda, dende ambas administracións locais incidiron na importancia de que se diriman as competencias na área afectada e amosaron a disposición de ambos concellos a colaborar coa administración autonómica para buscar canto antes unha solución. “Carecemos dos medios de control necesarios para saber se os focos saen de onde din os estudos universitarios realizados, como é o caso dos abonos, e como aí as competencias son de Medio Rural o ideal é apostar por un traballo entre administracións ao que nós estamos dispostos a participar para que non nos abandonen ante esta praga”, apuntou a alcaldesa de Tomiño.

A alcaldesa de Narón incidiu en que “é fundamental que todas as administracións implicadas traballemos nunha misma liña e poñamos a disposición dos veciños afectados os máximos recursos para acabar cunha situación que se prolonga no tempo e que no caso de Narón se repite estacionalmente cada ano, dende hai xa seis”.

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …