Equiocio Ferrol programa unha recollida de residuos no último tramo do río Xunto, en Esmelle

A acción levarase a cabo este venres ás 11:00 horas, aberta á cidadanía e con participación de entidades do ámbito sociosanitario de Ferrolterra.

Fuente Equiocio

Equiocio Ferrol convida á cidadanía a sumarse este venres 6 de xuño á acción medio ambiental coa que oficialmente inaugurará o calendario de actividades previo ao certame. Será coa limpeza da contorna do río Xunto, no tramo máis próximo á súa desembocadura na praia de Esmelle.

Deste xeito, e na súa aposta pola sostibilidade, Equiocio Ferrol volve sumarse á iniciativa “1m2 contra la basuraleza”, do proxecto Libera, que impulsan en toda España Ecoembes e SEO Birdlife.

As persoas interesadas en tomar parte, deben presentarse ás 11:00 horas no estacionamento situado fronte ao cámping das Cabazas, nas inmediacións do espazo natural que cada ano serve a Equiocio Ferrol de escenario. Alí, a organización proporcionaralles os medios -luvas e bolsas- e as indicacións precisas para levar a cabo a limpeza. Na acción tamén participarán diferentes asociacións e entidades integradas en Equiocio Ferrol Social como Aspanaes, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Abeconsa Basketmi, Patronato Concepción Arenal e Návitas.

Con esta iniciativa colaborativa, destinada a recoller residuos abandoados en espazos naturais, Equiocio Ferrol quere concienciar sobre a problemática existente cos refugallos, poñendo o seu gran de area para reverter a situación, e favorecer a adopción de prácticas máis sostibles e respectuosas coa contorna. Trala recollida, os residuos retirados clasificaranse e, coa colaboración do Concello de Ferrol, entregaranse a xestores autorizados para o seu axeitado tratamento.

Equiocio Ferrol volverá contar neste 2025 co apoio do Concello de Ferrol, a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e de grandes firmas galegas como Gadis e Estrella Galicia.

Lea también

El barrio centro de Ferrol celebró la festividad de la Magdalena con actos organizados por la AVV que lleva su nombre

Este miércoles, día 22, el barrio de la Magdalena , declarado conjunto histórico-artístico en 1983, …