436 escolares de Narón participan de saídas en bici, charlas educativas e exhibicións caninas

Un total de 436 alumnos de educación primaria de dez centros de ensino de Narón participaron durante este curso escolar nas saídas en bici dirixidas ao colectivo e impulsadas dende a Concellería de Seguridade Viaria, a través do equipo de Educación Viaria de Narón.

O concelleiro responsable da área, José Oreona, desprazouse a unha desas saídas e explicou que os menores, no marco desta iniciativa, asisten a unhas charlas impartidas dende a UCBR Da Terra-K9, unha asociación canina sen ánimo de lucro presidida por David Iglesias e con Sonia Fraile como vicepresidenta.

Os menores saen dos seus respectivos centros en bici ás 9:30 para regresar ás 12:30 horas. Acompañados de Pedro Caneiro e Sonia López, integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, diríxense ao parque de Xuvia, o CRA do Val ou Río Seco, en función do centro, onde ás 11:00 horas presencian unha exhibición e charla educativa con cans, a cargo da citada asociación.

O adestramento de cans de búsqueda e rescate, a obediencia, agility, modificación de conducta… forman parte dos servizos que ofrecen os profesionais que traballan en Da Terra-K9, con contidos adaptados, como neste caso, ás nenas e nenos. O alumnado de primeiro a sexto de educación primaria dos colexios de Piñeiros, O Feal, Jorge Juan, Ayala, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, CRA do Val, A Gándara, Virxe do Mar e A Solaina é, durante dez días, repartidos dende o pasado 8 de maio e ata o vindeiro 12 de xuño, o destinatario desta iniciativa.

“Consideramos que estas rutas representan unha moi boa oportunidade para que os escolares participen nunha iniciativa encamiñada a fomentar a mobilidade activa, o coñecemento das normas de seguridade viaria, o noso entorno e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de coñecer o traballo da asociación Da Terra-K9, no que incide na importancia do respecto e o benestar animal, o coidado dos cans, a convivencia en harmonía e, en definitiva, coñecer o traballo que realiza esta asociación, á que agradecemos dende o Concello a súa colaboración, coma nesta ocasión”, apuntou Oreona.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …