A II Xornada Literaria no Pote reúne en Maniños, Fene, a máis dunha vintena de escritores

A concellería de Cultura de Fene organiza coa SCRD O Pote de Maniños e Aetna a II Xornada Literaria no Pote, encontro no que tamén colaboran a Asociación Galega de Escritores, Imprenta Sanesteban e Eroski.

A escritora, actriz e contacontos fenesa Paula Carballeira e a gañadora do Premio Xerais 2024, Marta Villar, serán dúas das protagonistas desta actividade que se desenvolverá o venres 13 de xuño, a partir das 19 horas, nas instalacións da entidade de Maniños. A II Xornada Literaria no Pote incluirá unha pequena feira do libro con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de novidades literarias.

O programa arrincará ás sete do serán coa inaguración da feira do libro na que se porán á venda e asinarán exemplares dos libros publicados polos autores convidados. A continuación haberá un coloquio con Iago Fandiño e Paular Carballeira. E, a partir das 20.15 horas, haberá presentacións dos libros “Detective Ferruchi” (Premio Xerais 2024), de Marta Villar, e “O clan das Barbies”, de Antía Yáñez xunto coa escritora María Nieto.

Vinte e catro escritores tomarán parte nesta I Xornada Literaria no Pote, dos cales unha vintena amosarán as súas obras na feira do libro: Cova PL, Javier Regueira Serrano, Raquel Villanueva Lorca, Mayte Corbillón, Clara Ventura. Marta Seoane Pazos, Ismael Martínez Pérez, Tania Zaref, Teresa Cameselle, Andrea C. Ramallo Machín, Xosé Fernández, Soraya García Riveiros, Rubén Pedreira, Isabel Ramos Breijo, Sabela Cagiao, Teresa Chamorro, Micaela Barbeito, Reyes Pérez Rubio e Rocío Mañana Bouzón

Lea también

Fene remata as obras de mellora do abastecemento en Tellerías

A intervención supuxo a substitución das antigas tubaxes de fibrocemento por conducións máis modernas e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *