Valdoviño acolle o espectáculo familiar “Castelao para crianzas”

O parque de Aviño de Valdoviño acolle este sábado 31 o espectáculo «Castelao para crianzas». Dirixido a cativos a partir de 5 anos, e tamén ás súas familias, dará comezo ás 18:00 horas, con entrada de balde e libre ata completar aforo. Correrá por conta da compañía Lela Edicións, que ao fío da figura de Castelao, realizará unha intervención artística ilustrada acompañada de música en directo. Se o tempo non acompañase, a actividade trasladaríase ao local social.

A actividade forma parte da programación deseñada pola concellería de Cultura con motivo do Ano Castelao, e o emprazamento foi coidadosamente seleccionado. Ao respecto, a concelleira de área, Rosana García, lembraba que o inmoble municipal que acolle o local social loce unha escultura realizada por Pepe Rodríguez, coñecido como o Ferreiro de Valdoviño, e que foi recuperada no proceso de rehabilitación do edificio. Este sábado será, sen dúbida, unha boa oportunidade para achegarse a ela.

O espectáculo inclúese no programa Ler Conta Moito que impulsa a Xunta en colaboración cos concellos galegos.

Lea también

Sonia Martínez es la nueva candidata de los populares en el Ayuntamiento de Miño

El presidente del Partido Popular en la provincia de A Coruña, Diego Calvo, presentó este …