El exitoso bono turístico de la Xunta se agota en tan sólo tres días

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou este martes 22 os Apartamentos Bestarruza, un dos establecementos adheridos ao bono turístico onde destacou o éxito desta última campaña -esgotouse en apenas 3 días- coa que o Goberno galego pretende promover as viaxes na comunidade autónoma durante o outono e apoiar así ao sector fóra da temporada alta e polo tanto á desestacionalización do destino.

O bono turístico conta este ano cun orzamento de 1 M€ co que se mobilizarán 2,5M€ que irán directamente ao sector durante este outono coa posta en circulación dos 16.666 bonos xa descargados.

Todas aquelas persoas que descargaron o bono poderán desfrutalo do 15 de setembro ata o 25 de decembro, ambos incluídos. Trátase de bonos en formato código QR cun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia (60€) e o restante 60% polas persoas que o solicitaron (90€).

Os Apartamentos Bestarruza son un dos 9 establecementos da zona adheridos ata o momento a esta campaña e que, no caso de Galicia, ascenden a máis de 270 empresas turísticas que teñen un centro de traballo en Galicia e desenvolven as súas actividades dentro do sector turístico.

Aneiros aproveitou para animar aos establecementos e axencias de viaxe que aínda non estean sumados a esta iniciativa a que todavía poden facelo ata o 1 de decembro a través da web bonoturismo.gal.

“O turismo en Galicia está a experimentar un crecemento exponencial nos últimos anos e moi especialmente nas Rías Altas que teñen apostado por un turismo máis sostible, moi vinculado á natureza e iso estámolo a ver nas nosas comarcas onde o Camiño Inglés tamén está a ser un polo de atracción importante”, indicou Aneiros.

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …