A Real Filharmonía de Galicia actúa no auditorio de Ferrol

O concerto, no que interpretarán obras de Miguel Matamoro, Héctor Berlioz e Ludwing van Beethoven, celebrarase este venres. As entradas xa están á venda nas billeteiras do Jofre, do Auditorio e na web de Ataquilla.

A Real Filharmonía de Galicia actúa este venres 30 de maio, ás 20:30 horas no Auditorio de Ferrol, dentro do ciclo de concertos organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana. A cita musical contará coa destacada presenza de Baldur Brönniman na batuta, e da mezzosoprano Marie-Claude Chappuis.

O programa do concerto divídese en torno a tres compositores musicais: Miguel Matamoro, Héctor Berlioz e Ludwing van Beethoven. Miguel Matamoro é un dos compositores da nova xeración galega interesado na procura de conexións entre posiblidades sonoras non exploradas.

A súa obra Endurance é unha encarga da Real Filharmonía de Galicia e inspírase na historia épica dunha travesía mariña ao límite. Héctor Berlioz, propón unha viaxe polas vertentes máis íntimas da alma humana en Les Nuites d´eté, seguindo o texto do seu amigo Thépihile Gautier, La comédie de la mort.

E, por último, abordarán a figura de Ludwing van Beethoven coa mítica Quinta. Esta é unha obra que interpela sobre o sentido da vida, expresión fonda do compromiso coa humanidade do compositor que revolucionou o devir da historia da arte coas súas composicións.

As entradas teñen un prezo de 16 euros para público xeral e de 5 euros para socios, e poden mercarse nas billeteiras do Jofre e do Auditorio (neste último caso, ábrese duas horas e media antes do inicio do concerto) e na páxina web de Ataquilla.

Lea también

O IX festival Jazz de Ría converterá a costa ártabra do 15 ao 19 de agosto nunha cita obrigada para amantes das experiencias musicais en contornas únicas

Unha visita musicada, un vermú swing, un paseo sonoro, un podcast colaborativo e un obradoiro de …