As Pontes destina 35.000 euros ás axudas para a escolarización

O Concello das Pontes destina 35.000 euros ao programa municipal de axudas para a escolarización, dirixidas a atender os gastos orixinados polo inicio do curso escolar 2025-2026.

Estas achegas están destinadas a atender os gastos de adquisición de libros, material escolar, material informático e material para o conservatorio do alumnado de Educación Infantil (1o e 2o ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio de Música.

No caso do alumnado de Educación Infantil, de 0 a 3 anos, a axuda poderá alcanzar os 30 euros. Para Educación Infantil, de 3 a 6 anos, a contía elévase a 100 euros, ao igual que para Educación Primaria e Secundaria. Os ciclos Formativos e o Bacharelato subvencionaranse con ata 140 euros e o alumnado matriculado en FP básica recibirá axudas de 80 euros mentres que o alumnado de grao elemental do Conservatorio recibirá unha achega de 40 euros e a axuda para o alumnado de grao superior ascenderá a 60 euros.

Para solicitar estas achegas é necesario figurar no padrón das Pontes, ter un ingresos anuais que non superen os 22.500 euros (no caso das familias numerosas o limiar incrementarase en 2.500 euros a partir do terceiro fillo), certificado de matrícula do centro de estudos, no caso de estudos de BAC, FP Básica ou Ciclos Formativos e Conservatorio Profesional de Música así como estar ao corrente coas obrigas fiscais da Axencia Tributaria, Seguridade Social e Concello de As Pontes.

Trala resolución de concesión da axuda económica, as contías serán abonadas mediante a entrega dun vale. Deste xeito, a persoa beneficiaria deberá acudir ás oficinas do Servizos Sociais do Concello para retirar o vale da axuda concedida. O prazo para presentar as facturas finalizará o día 15 de decembro de 2025.

As solicitudes, así como a documentación esixida, poderán presentarse a través da sede electrónica municipal https://sede.aspontes.org/sxc/gl/index.html ou no rexistro xeral do Concello (con cita previa chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de 08:30 a 13:30 horas, ata o 25 de xuño. Asemade, abrirase un prazo extraordinario en setembro (do 22 ao 30 de setembro de 2025,), para aquel alumnado que por obrigación ten que formalizar a matrícula en setembro.

Lea también

Las empresas norteamericanas instaladas en As Pontes generan más de 300 empleos

El Ayuntamiento de As Pontes está consolidándose cómo uno de los principales destinos para la …