As Pontes repartirá 220.000€ en subvencións entre as entidades culturais do municipio

Estas achegas, destinadas a entidades culturais privadas, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello das Pontes e que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade, teñen como obxectivo prioritario dar apoio a ditas entidades e contribuír a que acaden os seus obxectivos, fomenten a participación cidadá, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a democratización da sociedade.

Fuente Concello de As Pontes

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo así como os gastos en infraestruturas e equipamentos executados ou adquiridos durante o ano 2025.

Así, serán subvencionables os gastos de persoal con contrato laboral coa entidade, gastos de seguros de responsabilidade civil ou de cobertura de accidentes, gastos de transporte para a realización de viaxes culturais, gastos de publicidade, de loxística (megafonía, son, iluminación e infraestruturas imprescindibles e necesarios para o desenvolvemento das actividades)

Tamén serán subvencionables os gastos xerados para o desenvolvemento de actuacións culturais: subministracións non inventariables necesarios para a realización da actividade (tecidos, madeira, etc…), material de oficina, persoas monitoras/instrutoras das actividades e actuacións de carácter cultural así como os gastos derivados da organización de cursos, charlas, obradoiros culturais, etc.

Lea también

O BNG logra o apoio unánime do pleno de Cabanas para mellorar a situación da residencia de maiores de Laraxe

O portavoz municipal, Iago Varela, e o deputado cabanés Xosé Manuel Golpe mantiveron contactos coas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *