Luis Mera “Lucky” presenta o seu novo disco, Sereno y Aislado (El viaje del pirata), na Alianza Aresana

O sábado, 31 de maio, ás 20:00 horas, Lucky afondará co público neste álbum de once temas cunha forte carga emocional e autobiográfica.

O músico e compositor afincado en Ares, Luis Mera-Lucky, achegarase o vindeiro sábado, 31 de maio, ás 20:00 horas ata o salón de actos da Alianza Aresana para compartir coa veciñanza un momento especial: a presentación do seu último álbum titulado “Sereno y aislado (El viaje del pirata)”, no evento promovido pola Concellaría de Cultura de Ares.

Compoñen este álbum once temas nos que Lucky xoga mesturando o pop rock que o caracteriza con outros estilos como a bossa indie, ao mesmo tempo que narra un relato focalizado nas viaxes internas, o aillamento e a introspección. Sereno y aislado (El viaje del pirata) parte dunha forte carga emocional e autobiográfica con vivencias dos últimos anos e mesmo facendo himnos en homenaxe a territorios, como Ares ou Villanueva de las Manzanas, relevantes para Luis Mera.

Con “Sereno y aislado (El viaje del pirata)” (L.P. 2025), Mera Lucky consolida unha traxectoria que comezou con La hora de triunfar (L.P. 2021), continuou con El estratega (E.P. 2022), e se reforzou co single oficial Pirata solitario (2025), peza que conecta directamente co espírito deste novo álbum.

No acto, haberá oportunidade de mercar o disco en formato físico, onde se inclúen as letras das once composicións xunto con fotografías das paisaxes que inspiraron a Lucky durante a súa viaxe emocional. Entrada libre ata completar aforo.

 

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …