Deputación da Coruña apoia con 1,2M€ a 156 clubs deportivos

A Deputación da Coruña destina este ano 1.190.589 euros a apoiar aos clubs deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

Fuente Diputación de A Coruña

A resolución definitiva deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada este lunes 26 no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 156 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou a importancia deste programa, quecontribúe de maneira decisiva a apoiar aos principais equipos do deporte coruñés, permitindo que a nosa provincia estea representada ao máximo nivel nas ligas e torneos nacionais e internacionais.

Somos conscientes do esforzo que supón competir fóra, dos custos de desprazamento, fichas, material, e por iso este apoio da Deputación é fundamental para que os clubs poidan centrarse no deportivo e seguir medrando”, explicou Leira. “Non falamos só de fútbol ou baloncesto; apoiamos tamén disciplinas como o piragüismo, o remo ou a ximnasia, que teñen grandes clubs e deportistas na provincia, engadiu.

Leira tamén subliñou o compromiso da Deputación coa igualdade no deporte: Estas axudas chegan por igual a clubs femininos e masculinos, porque queremos unha práctica deportiva que recoñeza o mérito e o esforzo con independencia do xénero ou da modalidade.

Fuente Diputación de A Coruña foto arquivo

Entre as subvencións de maior importe destacan destacan as do Baxi- Uni Ferrol de baloncesto feminino para a participación na Liga Endesa (53.691 €), o Hockey Club Liceo da Coruña (53.691 €), o Club Noia de Fútbol Sala (43.664 €), a escola de Basket Xiria de Carballo (26.952 €) e Club de Baloncesto Culleredo (26.952 €), o Bergantiños FC (22.273 €) ou S D Compostela (22.139 €).

As subvencións poden consultarse no BOP de hoxe luns, 26 de maio:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado

/2025/05/26/2025_0000003304.html

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …