Jorge Cagiao logra a terceira vitoria consecutiva no Rallye Cidade de Narón

O piloto naronés Jorge Cagiao, acompañado polo seu copiloto Javier Martínez, proclamouse vencedor do 36º Rallye Cidade de Narón, celebrado esta fin de semana, venres e sábado, na localidade. A proba, puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto, viu como Cagiao dominaba oito dos dez tramos cronometrados, superando a Víctor Senra por once segundos nunha emocionante loita final.

Fuente Deputación da Coruña

A entrega de trofeos contou coa presenza de Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, principal institución promotora do evento, e da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, que amosaron o seu apoio ao deporte do motor e felicitaron ao piloto naronés e ao seu equipo.

Fuente Deputación da Coruña
Fuente Deputación da Coruña

Formoso felicitou a Cagiao pola súa terceira consecutiva de no rallye da súa cidade natal, consolidando a súa posición como líder da clasificación nacional á fronte do equipo Alpine Recalvi Rally Team.

Fuente Deputación da Coruña

Lea también

Mery seguirá formando parte del proyecto deportivo del Valdetires Ferrol

El Valdetires Ferrol continúa perfilando su plantilla de cara a la próxima temporada con la …