Unha unidade móbil para a doazón de sangue visitará Narón o vindeiro luns e martes

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns e martes na cidade de Narón, nas inmediacións do novo centro de saúde.  O vehículo permanecerá operativo durante as dúas xornadas en horario de mañá e tarde, 9:30 a 14:30 e de 15.30 a 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

O BNG de Narón demanda solucionar os problemas de estrutura da praza de galiza

O BNG demanda arranxar a praza de Galicia polos graves problemas estruturais causantes das humidades …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *