Actividade: 37 Rally Cidade de Narón; Lugar: San Xiao e Centro Comercial Odeón; Hora: Ás 16:00 e dende as 20:30 horas.
Os pilotos participantes nesta edición poderán participar no shakedown que de 16:00 a 17:30 se levará a cabo pola parroquia de San Xiao. Ás 20:30 horas será a cerimonia de saída da proba, dende Odeón, e ao remate dará comezo un percorrido pola estrada de Castela, ata a ponte de Xuvia. O Concello e a Escudería Siroco Narón organizan esta nova edición do rally.
Actividade: Presentación de “Íntimos rincones”; Lugar: Biblioteca municipal; Ás 18:30 horas.
Maite Gascón, autora do libro, estará acompañada na presentación da escritora Julia Graña. O acto é aberto á participación da cidadanía en xeral e ao remate do mesmo poderanse adquirir exemplares do libro.
Actividade: Hellen Keller, a muller marabilla?; Lugar: Pazo da Cultura; As 20:30 horas.
O Grupo Chévere trae a Narón este espectáculo, protagonizado por unha muller que vive en Alabama e que se converte nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa sordo-cega en obter título universitario en 1904 en Harvard. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.
Sábado 24 de maio de 2025
Actividade: 37 Rally Cidade de Narón; Lugar: Narón e comarca; Dende as 7:15 horas.
Os vehículos do rally sairán das inmediacións do Centro Comercial Odeón para o primeiro dos tramos desta proba deportiva, que se desenvolverá ao longo da mañá e da tarde. A entrega de trofeos está prevista para as 21:45 horas.
Actividade: Directas ao espazo; Lugar: Biblioteca municipal; Ás 11:00 horas.
A actividade, para público familiar e infantil, mistura humor e divulgación científica para achegar ao público máis novo o valor dos soños e o exemplo de dúas pioneiras da exploración espacial: Valentina Tereshkova, primeira muller en viaxar ao espazo, e Sara García, primeira astronauta española.

Actividade: Hellen Keller, a muller marabilla?; Lugar: Pazo da Cultura; Ás 20:00 horas.
O Grupo Chévere trae a Narón este espectáculo, protagonizado por unha muller que vive en Alabama e que se converte nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa sordo-cega en obter título universitario en 1904 en Harvard. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.