70 nenos participan nas Pontes nos campamentos de conciliación urbanos

Un total de 70 nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, participan, durante o mes de xullo, nos campamentos urbanos de verán que organiza o Concello das Pontes a través da concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación, coa colaboración do CIM Onte.

Fuente Concello de As Pontes

A concelleira da área, Tania Pardo, achegouse ata as instalacións do CEIP A Magdalena para intercambiar impresións co persoal responsable do campamento e cos nenos e nenas participantes desta iniciativa municipal que, en palabras da edil ten como obxectivo prioritario, “axudar ás familias das Pontes a conciliar a vida persoal e laboral durante o período estival e ao mesmo tempo tratar de desenvolver entre os ponteses máis pequenos actitudes positivas e valores esenciais para o seu crecemento persoal”.

Así, durante cada semana os rapaces afondarán nun determinado valor social a través da música, obradoiros de anualidades, de xoguetes non sexistas, contacontos, práctica de deportes alternativos, obradoiros de reciclaxe, de decoración u obradoiros de corresponsabilidade, entre outros.

As actividades do campamento continuarán durante os meses de agosto e setembro, achegando a máis de 70 nenos a lugares, sons, personaxes, músicas, artes, profesións, costumes, lendas, a historia, dun xeito creativo e divertido, traballando a transversalidade da igualdade de xénero.

Lea también

Un hombre apuñala en un brazo al dueño de la vivienda que ocupa ilegalmente en As Pontes al cortarle una conexión de luz ilegal

La Guardia Civil mantiene abierta una investigación contra un hombre acusado de agredir con un …