Ariel Soto Meizoso do Triatlón Ferrol participa no clasificatorio Europeo categoría youth

A proba celebrarase en Xixón, coincidindo co campionato de España militar no cal competirán Isma Viéitez e Marcos Caneiro.

Fuente Club Triatlón Ferrol

O Club Triatlón Ferrol contará este sábado 24 en Xixón co cadete Ariel Soto Meizoso no clasificatorio para o campionato de Europa de tríatlon en categoría youth.

O canteirán da Escola Javi Gómez Noya, que foi o mellor galego na tempada de dúatlon, afronta un gran reto xa que a Federación Española só convocará os dous primeiros clasificados, ademais dos triatletas que considere por decisión técnica. O percorrido do clasificactorio será de 250 metros de natación, 6,9 km de ciclismo e 1,6 km de carreira.

Os mellores triatletas militares

Na mesma xornada, Isma Viéitez, integrante do equipo de Primeira División do Triatlón Ferrol, defenderá as cores do Exército de Terra para revalidar o título de campión de España que logrou en 2024.

Pola súa parte, o ferrolán Marcos Caneiro chega a Xixón despois de ser sétimo no campionato da Armada celebrado en San Fernando no mes de abril para poder clasificarse para o campionato de España.

A proba desenvolverase en distancia olímpica de 1.500 m de natación, máis de 41 km de bici e 10 km a pé.

Lea también

Ferrol avanza con los trámites para poder contar con el Museo de la ciudad en el Torrente Ballester

El Concello de Ferrol continúa avanzando en la creación del futuro Museo de Ferrol, que …