Intervención dos bombeiros de Narón por un vehículo ardendo

Os bombeiros de Narón realizaron na tarde de onte mércores unha intervención na rúa Somozas, na parroquia de Xuvia, onde o 112 alertou da existencia dun vehículo ardendo.

A propietaria do vehículo siniestrado acababa de chegar á súa casa e foron os veciños os que a avisaron de que do vehículo, estacionado na rúa, saía fume. O lume estaba localizado na zona do motor e as rodas, sen afectar ao interior do turismo.

Ademais dos bombeiros do SPEIS de Narón acudiron axentes da Policía Local e Nacional.

Lea también

Fallece un trabajador forestal al ser golpeado por una rama en un monte de Ortigueira

Sobre las tres y media de la tarde de este martes tuvo lugar un trágico …