San Sadurniño activa o programa «Sansa en rodas»

A concellaría de Deportes de San Sadurniño e o club Biela e Chaveta inaugurar este domingo 25 o programa «Sansa en rodas» que incluirá varias citas coa bicicleta até o mes de setembro.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

A primeira será a tradicional Ruta ciclista en familia, que sairá do CPI ás 11:00 horas para dar unha volta de algo máis de 15 quilómetros de percorrido moi lixeiro e apto para case calquera idade. O prazo para anotarse remata este xoves ás 14:00 horas a través do formulario en liña publicado polo Concello. Por cuestión de seguridade limitouse a participación a un máximo de 140 persoas entre rapazada (maiores de 6 anos) e adultas. Esta mañá xa ían cubertas 110.

O trazado son exactamente 15,8 quilómetros circulando por pistas asfaltadas e algún que outro camiño. É unha distancia similar á de anteriores edicións da ruta, onde se buscaron combinacións sen practicamente costas e, de haber algunha, que fose doada de sortear aínda que non se tivese moito costume de andar na bici. Ademais, ao ser unha saída familiar para ciclistas a partir de 6 anos, tamén se coidou de que fose un percorrido levadeiro para a rapazada que anda en bicis coa roda máis pequena.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

Este ano a principal novidade é o cambio total do itinerario. O punto de encontro volverá ser o CPI de San Sadurniño, desde onde se tirará por Marqués de Figueroa cara á capela do Belén e a Agra de Abaixo ata saír á estrada de Pedroso. Logo o grupo ciclista circulará polo paseo fluvial ata o Mesón A Granxa, onde collerá a estrada de Ferreira ata a Camba e, unha vez alí, desviarase pola estrada de Moeche. Uns 800 metros máis adiante deixarase o firme aglomerado para meterse nunha pista forestal á dereita e baixarase ata Ramil e o fondo de Lamas, proseguindo logo cara á área recreativa, onde se fará a parada para un avituallamento de bebida e froita.

Despois de recuperar folgos emprenderase a volta tirando cara a Ramil, pasando logo entre as plantacións de arandos de Prospes e saíndo de novo á estrada de Ferreira en Pontellas, con destino ao CPI.

Será obrigatorio usar casco e recoméndase levar chaleco ou roupa de cores vivas, posto que o traxecto se realizará sen cortes nin restricións do tráfico. Aínda con iso, o pelotón levará na cabeza o vehículo municipal de emerxencias e na cola un dos furgóns de obras, cumprindo a función de sinalizar a marcha e, ao mesmo tempo, marcando un ritmo que todas as persoas participantes poidan manter.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo
Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

A participación na actividade é gratuíta e inclúe seguro. O último día para anotarse é este xoves 22 de maio ás 14:00h. A inscrición deberá facerse cubrindo este formulario en liña.

Na organización colabora o Club MTB Biela e Chaveta, quen deseñou a ruta e tamén irá canda o pelotón anticipándose para cortar puntualmente os cruzamentos de estradas, coa finalidade de facilitar a incorporación ás vías principais. Ademais, os membros do club tamén se asegurarán en todo momento de que todas as persoas participantes poden seguir a marcha sen maior problema e, de ser necesario, manteranse ao lado de calquera ciclista que poida quedar algo máis atrás.

Biela e Chaveta encárgase tamén da organización técnica da IV BTT Concello de San Sadurniño do 29 de xuño, que xa ten aberto o prazo de inscricióná que se lle arrimarán o mesmo día o II Trail de Montaña e o I Cross Concello de San Sadurniño Máis adiante, o venres 8 de agosto, o club colaborará coa Concellaría de Deportes na III Cronoescalada Sanrockeira e, como remate da temporada estival, na Ruta nocturna BTT prevista para o 19 de setembro.

Lea también

O Parrulo Ferrol realizará una previa para su afición este sábado en A Malata en su primer partido de los playoffs

O Parrulo Ferrol quiere que este sábado el primer partido de las semifinales de los …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *