Narón solicita á consellería de Medio Rural novos informes para avanzar na solución á proliferación das moscas no Val

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, presidiu unha nova xuntanza da Comisión informativa sobre a problemática das moscas na parroquia do Val.

En representación da Xunta estivo presente a delegada territorial, Martina Aneiros e por parte da AVV “Os Irmandiños” do Val acudiu a presidenta, Manoli Castro. Estiveron tamén en representación do Concello persoal técnico, o edil de Sanidade e Medio Ambiente, Manuel Ramos, de TEGA; os voceiros do PP, Germán Castrillón e do BNG, Olaia Ledo, e o edil do PSOE Jorge Ulla.

Na reunión abordáronse as xestións realizadas nos últimos meses dende o Concello relativas á problemática que nos últimos anos se repite nalgunha zona do termo municipal debido á proliferación de moscas na tempada estival.

Unha das últimas comunicacións realizadas ao respecto dende o Consistorio, hai tan só uns días, foi coa Consellería de Medio Rural, á que se solicitaron unha serie de informes sobre áreas moi específicas do seu ámbito.

Ao remate da xuntanza acordouse esperar á resposta de Medio Rural sobre as cuestión plantexadas dende o Concello e destacouse dende o goberno local o compromiso de seguir traballando e colaborando coas administracións supramunicipais para esclarecer a situación e tratar de poñer fin a esta problemática que afecta a algúns veciños do rural.

Lea también

O Concello de Narón acolleu a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero

A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presidiu este xoves a Mesa local de coordinación interinstitucional contra …