A UDC celebró este mércores no Campus Industrial de Ferrol o Día das Letras Galegas

A Universidade da Coruña conmemorou este mércores, día 21,  o Día das Letras Galegas 2025 cun acto institucional celebrado no Campus Industrial de Ferrol, que contou coa asistencia do reitor da UDC, Ricardo Cao; e as vicerreitoras de Divulgación, Cultura e Deporte, Cristina Naya; do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; e de Igualdade e Diversidade, Cristina López.

As interpretacións por parte do alumnado do CEIP Plurilingüe San Xoan de Filgueira, de Ferrol, e do CPI A Xunqueira, de Fene, de cantigas tradicionais galegas foron o eixo central desta celebración.

Tamén contouse coa actuación dos estudantes Arsenio Keilin que musicalizou un poema galego e de Antonio Rabina que adaptou diversas cantigas.

No seu discurso, o reitor agradeceu aos centros escolares e tamén ás persoas da comunidade universitaria participantes no acto a súa implicación e entusiasmo á hora de “unirse arredor da música, da palabra e da tradición”.

Desde a UDC, “quixemos que a nosa contribución fose un compromiso coa cultura viva, máis aló do ámbito universitario”. Unha mostra mais que complementa a acción central de homenaxe ás letras que é a publicación do
libro Por que non hei de cantar?, publicado polo Servizo de Publicacións da UDC. Unha escolma de cantigas tradicionais de Elviña e Ferrol, recollidas e editadas do cancioneiro tradicional galego, que representa unha homenaxe a todas as mulleres que conservaron e transmitiron o seu saber.

Lea también

El BOE publica la declaración del puente de Cruzul, en Lugo, como bien de interés cultural

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba este jueves el real decreto por el que …