Narón acolle unha mostra do traballo artesanal realizado por alumnas do establecemento Tirahilos

A Biblioteca municipal de Narón acolle do 2 ao 6 de xuño unha exposición de finais de curso co traballo artesanal que realizan as alumnas do establecemento Tirahilos, que ofrece clases de patchwork e bolillos.

As persoas que se acheguen á mesma poderán ver as creacións de máis de medio cento de alumnas elaboradas ao longo do curso, como cubrepés, colchas, manteis, toallas, sábanas, bolsos, delantais… tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro.

A mostra poderá verse de luns a venres en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas e durante a apertura da mesma sempre estará unha das alumnas para explicar os procesos e técnicas empregados nos diferentes traballos. As autoras das pezas expostas tamén traballarán en directo na mostra, elaborando algunhas novas pezas ante o público.

Ao remate da exposición, segundo avanzou a concelleira naronesa, sortearase entre todas as persoas participantes unha peza confeccionada polas alumnas ao longo da semana.

Lea también

Narón pon rumbo ao Nadal cunha programación chea de actividades

Narón xa respira ambiente de Nadal que irá estendéndose cunha programación pensada para converter as …